Calquera persoa que imparta Debuxo, Plástica ou materias da área artística no ensino regulado galego, así como as persoas con titulación adecuada para facelo.
Porque a realidade demostra que só como colectivo teremos posibilidades de defender a posición do ensino artístico e o recoñecemento do noso traballo.
Para ser membro de AGEDA debes cubrir e entregar o documento de Inscrición/Domiciliación que aparecerá ao pulsar este símbolo:
O documento ten dúas partes, nunha manifestas a túa vontade de pertencer á Asociación, e noutra autorizas o cobro domiciliado no teu banco ou caixa.
Debes cubrir todos os datos, asinar as dúas partes e facernolo chegar:
En man, en calquera das reunións ou concentracións que teñan lugar.
Por medio doutro asociado se non podes achegarte ao lugar das reunións.
Por correo postal a un apartado que próximamente daremos. Mentras tanto, serve envialo ao IES Arcebispo Xelmírez 1 . Poza de Bar s/n . 15705 Santiago de Compostela (á atención da Vicedirectora).
A cuota actual é de 40 euros nun pago único, para profesores numerarios e interinos. Os sustitutos temporais e parados teñen unha reducción do 50%. Os cobros serán en xuño –unha vez aberta a conta da Asociación- para os que xa estamos inscritos.
A cuantía e periodicidade da cuota foi sometida á votación dos socios inscritos, dende a asemblea do 20 de abril ata a do 4 de maio, e corroborada polos asistentes a esta última. Poderá variar no futuro, a decisión da Asemblea Xeral.