Home arrow Novas arrow Asociarse arrow Asociarse
Asociarse PDF Imprimir E-Mail
escrito por Admin   
Monday, 09 de August de 2004

¿Quen pode asociarse?

Calquera persoa que imparta Debuxo, Plástica ou materias da área artística no ensino regulado galego, así como as persoas con titulación adecuada para facelo.

¿Por que asociarse?

Porque a realidade demostra que só como colectivo teremos posibilidades de defender a posición do ensino artístico e o recoñecemento do noso traballo.

¿Como asociarse?

Para ser membro de AGEDA debes cubrir e entregar o documento de Inscrición/Domiciliación que aparecerá ao pulsar este símbolo:

Word - 27 KB

O documento ten dúas partes, nunha manifestas a túa vontade de pertencer á Asociación, e noutra autorizas o cobro domiciliado no teu banco ou caixa.

Debes cubrir todos os datos, asinar as dúas partes e facernolo chegar:
 En man, en calquera das reunións ou concentracións que teñan lugar.
 Por medio doutro asociado se non podes achegarte ao lugar das reunións.
 Por correo postal a un apartado que próximamente daremos. Mentras tanto, serve envialo ao IES Arcebispo Xelmírez 1 . Poza de Bar s/n . 15705 Santiago de Compostela (á atención da Vicedirectora).

A cuota actual é de 40 euros nun pago único, para profesores numerarios e interinos. Os sustitutos temporais e parados teñen unha reducción do 50%. Os cobros serán en xuño –unha vez aberta a conta da Asociación- para os que xa estamos inscritos.

A cuantía e periodicidade da cuota foi sometida á votación dos socios inscritos, dende a asemblea do 20 de abril ata a do 4 de maio, e corroborada polos asistentes a esta última. Poderá variar no futuro, a decisión da Asemblea Xeral.

 
< Anterior