Home arrow Novas arrow Latest arrow A G E D A
A G E D A PDF Imprimir E-Mail
escrito por Paulo Porta   
Thursday, 31 de May de 2007

Asociación Galega de Ensinantes de Debuxo e Artes plásticas

O 4 de maio de 2007 constituíuse AGEDA, asociación que pretende apoiar o labor profesional e docente do profesorado galego nas materias da área artística e gráfica.

Esta é a nosa páxina web. Entra e participa. Todos temos moito que gañar co intercambio de información, recursos, ideas, e sobre todo facendo causa común no interese dunha mellor formación plástica e estética do alumnado galego.

Queremos impulsar e difundir o coñecemento da arte, a linguaxe visual e as técnicas de expresión artística.

Queremos que se tomen en serio na educación o desenvolvemento das aptitudes creativas e das capacidades de expresión gráfica de todas as persoas.

De pouco serven a experimentación e a investigación, se a mente non sabe crear. Sen creatividade non hai novas ideas, non hai evolución nin progreso.

Queremos ser unha plataforma de recursos didácticos para o profesorado, un lugar de colaboración e de axuda, capaz de aportar respostas para os interrogantes dos nosos alumnos e do público en xeral.

 
< Anterior   Siguiente >