|
Estadías en Irlanda para profesores de plástica e artes |
|
escrito por carme garcía soto
|
|
Thursday, 26 de February de 2009 |
|
No DOG do 23-F a Consellería convoca estadías no estranxeiro para profesores non universitarios de Idiomas, e este ano tamén para profesores de materias e ensinanzas artísticas-plásticas. O prazo para presentar solicitudes durará un mes. O curso que nos interesa denomínase así: 7. Afondamento en técnicas plásticas en inglés. PES de artes 1 Inspección, 1 Asesoría de artes 20 Limerick (Irlanda) 6 a 17 xullo 2009 Máis información e enlace ao DOG, AQUI |
|
|
Decreto de especialidades |
|
escrito por Paulo Porta
|
|
Friday, 05 de December de 2008 |
|
Está publicado no DOG do 28 de novembro o Decreto 1834/08, que relaciona as especialidades do profesorado coas materias a impartir no ensino secundario. Pode descargarse aquí: DECRETO Unha novidade salientable é que se habilita ao profesorado de Debuxo con titulación de Licenciado en Belas Artes a impartir a materia Historia da Arte no Bacharelato, algo máis que xustificado se temos en conta que un terzo do temario das nosas oposicións corresponde a esta disciplina, e que nos achega un pouco á situación doutras asignaturas -Filosofía, Literatura, Música- onde a parte histórica é impartida polos especialistas da materia. |
|
|
escrito por Paulo Porta
|
|
Tuesday, 02 de December de 2008 |
|
O Consorcio Audiovisual de Galicia acaba de convocar o programa Audiovisual nas aulas para o curso 2008-2009. Os detalles están nun pdf que podemos descargar da páxina web do Consorcio: Hai praza para 40 centros de primaria e secundaria. O prazo para solicitar a inclusión no programa é dun mes. Poñemos esta información aquí porque nos parece interesante que sexa o profesorado de Debuxo quen tome nos centros a iniciativa de anotarse e coordenar as actividades, que inclúen talleres de animación, de dobraxe, asistencia á proxección de filmes galegos e visitas a estudos de TV, entre outras. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 1 - 4 de 14 |