Logo AGEDA

Histórico de NOVAS de portada

Estadías en Irlanda para profesores de plástica e artes

escrito por carme garcía soto
26 de Febreiro de 2009

No DOG do 23-F a Consellería convoca estadías no estranxeiro para profesores non universitarios de Idiomas, e este ano tamén para profesores de materias e ensinanzas artísticas-plásticas.
O prazo para presentar solicitudes durará un mes. O curso que nos interesa denomínase así:
7. Afondamento en técnicas plásticas en inglés. PES de artes 1 Inspección, 1 Asesoría de artes 20 Limerick (Irlanda) 6 a 17 xullo 2009
Máis información e enlace ao DOG, AQUI

 

Decreto de especialidades

escrito por Paulo Porta
5 de Decembro de 2008

Está publicado no DOG do 28 de novembro o Decreto 1834/08, que relaciona as especialidades do profesorado coas materias a impartir no ensino secundario. Pode descargarse aquí:

DECRETO

Unha novidade salientable é que se habilita ao profesorado de Debuxo con titulación de Licenciado en Belas Artes a impartir a materia Historia da Arte no Bacharelato, algo máis que xustificado se temos en conta que un terzo do temario das nosas oposicións corresponde a esta disciplina, e que nos achega un pouco á situación doutras asignaturas -Filosofía, Literatura, Música- onde a parte histórica é impartida polos especialistas da materia.

 

Audiovisual nas aulas

escrito por Paulo Porta
2 de Decembro de 2008

O Consorcio Audiovisual de Galicia acaba de convocar o programa Audiovisual nas aulas para o curso 2008-2009. Os detalles están nun pdf que podemos descargar da páxina web do Consorcio:

Convocatoria

Hai praza para 40 centros de primaria e secundaria. O prazo para solicitar a inclusión no programa é dun mes. Poñemos esta información aquí porque nos parece interesante que sexa o profesorado de Debuxo quen tome nos centros a iniciativa de anotarse e coordenar as actividades, que inclúen talleres de animación, de dobraxe, asistencia á proxección de filmes galegos e visitas a estudos de TV, entre outras.

 

Xornadas e cursos organizados por AGEDA ?

escrito por Paulo Porta
21 de Outubro de 2008

Na Asemblea Xeral de AGEDA, celebrada o pasado 17 de outubro, tratáronse unha serie de temas de grande interese para o profesorado de debuxo. O principal do debate e os acordos tomados están expostos de xeito resumido na sección correspondente do foro, accesible aos socios:  RESUMO.

 Un dos principais acordos foi crear dentro da Asociación unha estructura que permita a organización de xornadas e cursos de formación, visto o grande interese manifestado pola maioría dos asistentes. Todos os socios de AGEDA que teñades interese en aportar as vosas opinións, suxerencias ou colaboración, estades convidados a participar no debate previo, entrando AQUÍ.