Logo AGEDA

FORMACIÓN

Curso


Modalidade de formación: Cursos. Prazas: 40

Santiago, 21 e 22 de xaneiro de 2011

 

Destinatarios: profesorado de calquera nivel, especialmente de Educación Plástica e Visual, Debuxo e outras materias artísticas.

Cartaz

PROGRAMA

Venres, 21 de xaneiro ( IES Arcebispo Xelmírez 1)
18:45 – 19:00  Presentación e entrega de documentación
19:00 – 20:00  Introdución na aula do libro ilustrado. Exemplos prácticos
20:00 – 21:00  Modos de contar, describir e inventar historias para nenos e non tan nenos

Sábado, 22 de xaneiro
10:00 – 14:00  Obradoiros
Grupo 1.-  Técnicas de creatividade na aula
Grupo 2.-  Obradoiro de técnicas ilustrativas
16:00 – 20:00  Obradoiros
Grupo 1.- Obradoiro de técnicas ilustrativas
Grupo 2.- Técnicas de creatividade na aula

O custo da inscrición é de 10 euros para os membros da Asociación, e de 40 euros para non asociados. Os pasos para a inscrición serán:
1- Realizar un ingreso ou transferencia bancaria na seguinte conta corrente da Asociación Galega de Ensinantes de Debuxo e Artes plásticas: 2091 0376 27 3040012171 (Caixa Galicia, Stgo. de Chile 13, Santiago de Compostela). Poñer o nome de quen se matricula como ordenante, e “Creatividade e Ilustración” como concepto.
2- Enviar cuberto o impreso de matrícula que se xunta neste correo, ao enderezo electrónico formacion.ageda@epvgaliza.org ou ben copia cuberta e impresa, á atención de AGEDA, ao número de fax 981584533. O impreso debe levar todos os datos persoais solicitados, así como os relativos ao pago.
O prazo de matrícula remata o luns 17 de xaneiro, se non se esgotan antes as prazas ofertadas.

Asignación de praza- Farase por orde, conforme á data e hora na que se realice o pago. Tamén será esta orde a que decida as prazas nos diferentes obradoiros. Unha vez asignada, a persoa admitida recibirá da Asociación unha confirmación por correo electrónico.
O número de prazas disponibles indicarase na páxina de inicio da web www.epvgaliza.org, actualizándose cando menos dúas veces diarias durante o prazo de matrícula. De recebírense pagos unha vez cubertas todas as prazas, a Asociación contactará co remitente para reintegrarlle os cartos. Non haberá devolución por renuncia á praza, unha vez pechado o prazo de inscrición.

Homologación

AGEDA está xestionando a homologación das Xornadas pola Consellería de Educación, na modalidade de cursos presenciais, por un total de 10 horas de formación.

IMPRESO DE INSCRICIÓN Descargar