
ASOCIARSE |
||||
¿Quen pode asociarse?Calquera persoa que imparta Debuxo, Plástica ou materias da área artística no ensino regulado galego, así como as persoas con titulación adecuada para facelo. ¿Por que asociarse?Porque a realidade demostra que só como colectivo teremos posibilidades de defender a posición do ensino artístico e o recoñecemento do noso traballo. ¿Como asociarse?Para ser membro de AGEDA debes cubrir e entregar o documento de Inscrición/Domiciliación que aparecerá ao pulsar este símbolo: O documento ten dúas partes, nunha manifestas a túa vontade de pertencer á Asociación, e noutra autorizas o cobro domiciliado no teu banco ou caixa. Debes cubrir todos os datos, asinar as dúas partes e facernolo chegar: A cuota actual é de 40 euros nun pago único, para profesores numerarios e interinos. Os sustitutos temporais e parados teñen unha reducción do 50%. A cuantía e periodicidade da cuota foi sometida á votación dos socios inscritos, e aprobada na Asemblea Xeral do 4 de maio de 2007. Poderá variar no futuro, a decisión da Asemblea Xeral. |